jueves, 23 de mayo de 2024

EXPOSICIÓN DE PORTUGAL

 Hoxe, día 23 de maio tivo lugar a nosa presentación para as familias da nosa parte do proxecto deste curso, que como xa sabedes versa sobre os diferentes países do mundo e a nós tocounos Portugal.

O primeiro agradecer ás familias a súa participación e asistencia xa que tivemos un 100% de asistencia e isto é de recalcar.

O segundo agradecer ao alumnado o seu esforzo e felicitalos polo traballo ben feito!!!

E o terceiro comentarvos que aquí vos deixo un vídeo moi resumido do vivido esta tarde na nosa aula, para que vos quede de lembranza.


Pdi libeteca na miña maleta de SANDRA ÁALVAREZ ALONSO

Moitas grazas a todos e todas por vir!!

lunes, 29 de abril de 2024

25 DE ABRIL

Como xa sabedes estamos a estudar Portugal dende a nosa aula ao abeiro do PDI da Biblioteca, Libeteca na túa maleta.

O día 25 de abril é un día moi importante para todos os portugueses e as portuguesas xa que grazas a unha revolución pacífica conseguiron librarse da dictadura de Salazar e conseguir ser libres. 

Para que entendades mellor a importancia e a relevancia desta data, elaboramos un vídeo resumo para que vexades que ven o pasamos tanto preparando esta data, xa que fixemos un caravel para cada un dos alumnos /as da escola e para o profesorado como facendo a entrega e explicando en todas as aulas como a relevancia desta data.



jueves, 4 de abril de 2024

SUXERENCIAS LECTORAS

 Despois do éxito do noso Chocolate con Letras, fixemos unha escolma de libros para escoller un título para a nosa seguinte xuntaza. Ao final o escollido foi SE VENDE MAMÁ  de Care Santos, pero aquí vos deixo a listaxe completa por si queredes ler algún máis.



jueves, 21 de marzo de 2024

CHOCOLATE CON LETRAS

 Hoxe fomos á biblio para recibir unha sorpresa. Xa que tiñamos programada unha xuntanza para comentar o libro Vampira de Biblioteca de Ledicia Costas e cando chegamos á biblio tiñamos todo preparado para compartir unha chocolatada cuns biscoitos. 

A actividade foi todo un éxito xa que a todos se nos fixo moi curto e despois de facer un test onde o alumnado plasmou a súa opinión todos queren volver a ler, que ao fin e ao cabo era a finalidade da actividade motivarnos coa lectura e pasar un momento máis lúdico para rematar o trimestre.

Aquí vos deixo un pequeno vídeo resumo da actividade.





martes, 13 de febrero de 2024

ENTROIDO

Durante o pasado venres participamos no desfile de entroido da escola, este ano versou sobre a Volta ao Mundo en 80 días, e nós fomos representando Portugal.

Para isto todas as familias se implicaron moito para confecionar os nosos traxes. Tivemos compañeiros/as representando as casas típicas, o viño de Oporto, a cerámica portuguesa, unha cantante de fado, a Cristiano Ronaldo, a Fernando Pesoa, a Celeste Caeiro, dous galos de Barcelos,as sardiñas, os gondoleiros de Aveiro coa súa góndola incluída,os traxes típicos e mesmo o desfraz característico de Entroido... e para que vexades que ben caracterizados estabamos e o ben que o pasamos deíxovos aquí unha foto e un vídeo para que gocedes tanto véndonos coma nós participando neste evento.


Moitas grazas a todas as familias pola vosa implicación e por asistir ao noso desfile un ano máis!!!

viernes, 2 de febrero de 2024

PROGAMACIÓN EN GALEGO

 Hoxe deixovos aqui un enlace para cando esteades abuuridos e aburridas e polo poidades empregar o voso tempo de lecer aprendendo e practicando o galego. 

Agardo que vos resulte divertido e entretido!!



CLICA AQUÍ PARA IR Á PÁXINA DO XABARÍN

miércoles, 17 de enero de 2024

REPASO DE NATURAIS

 Na xornada de hoxe estivemos facendo un repasiño de naturais moi especial, xa que cada un de nós tivo un ordenador e practicamos cun xogo de preguntas e respostas chamado Kahoot.Aquí podedes ver o ben que o pasamos.