viernes, 25 de noviembre de 2022

25N

 Esta semana estivemos a traballar sobre a violencia de xènero.

O primeiro que fixemos foi ler on conto SOLO MÍA que versa sobre unha ratiña que sufre maltrato pola súa parella.

Despois de reflexionar sobre o conto cada un de nós fixemos unha frase en contra da violencia de xénero e da igualdade entre homes e mulleres e posteriormente plasmàmolo todo nun paraugas que pasou a formar parte do tendal contra a violencia de xénero da nosa escola.

Aquí quedan as fotiños do proceso.











miércoles, 23 de noviembre de 2022

HOXE ANALIZAMOS O XORNAL

     Boas

Hoxe chegamos ao cole e tiñamos unha morea de xornais para repartir co alumnado, así que levamos os nosos à aula e estivemos analizando o contido, as seccións…que películas podemos ver agora no cinema, en que seción buscaremos unha nova do mundo, ou unha deportiva…

Para que vexades o entretidos que estivemos e canto aprendemos deixovos aquí unhas fotiños.




miércoles, 16 de noviembre de 2022

PRIMEIRAS TOMAS DE CONTACTO COS ORDENADORES

 Esta semana o luns e o martes tivemos a sorte de poder contar cos quince ordenadores que temos no centro e fomos practicando coa axuda da profe Cis que ven facer o apoio a nosa aula, a entrar na aula virtual e facer unhas fichas interactivas da área de lengua. 

Como somos máis alumnos/as que ordenadores tivemos que facer dúas quendas e traballar uns nos ordenadores e mentras os outros traballamos a expresión escrita coa profe noutra aula.

Aquí vos deixo a imaxe para que vexades o concentrados que estabamos traballando. 






CHARLA DE SUSTENTABILIDADE

 O martes día 15 de novembro tivemos a sorte de poder contar con Miguel o pai do noso compañeiro Antón Fernández para ter unha charla sobre a sustentabilidade. 

Asistimos á biblioteca xunto co alumnado do outro 3º e aprendemos moreas de cousas sobre as enerxías renovables,a biomasa, os coches eléctricos, en resumo maneiras alternativas de obter enerxías pero coidando ao planeta. 

Esta actividade resultou moi interesante posto que ademais do que nos explicou Miguel, o alumnado fixo moitas aportacións e cuestións para satisfacer a súa curiosidade.







Moitas grazas Miguel por vir contarnos tantas cousas sobre a sustentabilidade!!!

jueves, 3 de noviembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 Hoxe celebramos o Día Internacional Contra o Acoso Escolar, e para concienciar ao alumnado lemos o conto que aparece deseguido:


Despois de ler o conto onde Lucía, a protagonista, era acosada por dous compañeiros da escola por ter que por lentes, fixemos as nosas propias lentes para ser capaces de pornos no lugar dos demais e traballar a empatía. 

A continuación aparecemos todos coas nosas lentes contra o acoso escolar:





NA NOSA CLASE DICIMOS: NON AO ACOSO ESCOLAR!!!