miércoles, 18 de noviembre de 2020

ESTUDAMOS AS CAPAS DA TERRA

 Boas rapazada: 

Nesta semana xa ímos pouco a pouco voltando á normalidade. Na área de ciencias sociais estamos a estudar as capas da terra e para comprender este concepto tan abstracto fixemos unhas terras con plastilina para observar as capas da terra. Aquí vos deixo as nosas pequenas obras de arte:








jueves, 12 de noviembre de 2020

BUZÓN DO AGARIMO

 Boas rapazada!

Hoxe vouvos informar dunha novidade!. Teño unha actividade preparada e estou desexando que o COVID nos deixe pola en práctica. 

Para isto presentovos a...O BUZÓN DO AGARIMO, que o imos empregar para dúas cousas por unha banda imos deixarnos mensaxes de amor e de cariño nunhas tarxetas vermellas e por outra imos escribir aqueño que nos preocupa nunhas tarxetas violetas e que entre todos imos tratar de solucionar esas preocupacións dando os mellores consellos que se nos ocurran, 

Aquí vos deixo a foto do buzón, e permanecede atentos porque estou segura de que dará moito que




INICIACIÓN AO LETTERING

 Boas rapazada:

Estes semana estamos a vivir uns días moi atípicos combinando a escolaridade presencial e online, e na hora de plástica comezamos a achegarnos ao lettering. 

Aquí vos deixo unha foto cos nosos primeiros pasiños nesta arte de debuxar letras... e aos que non estivedes presencialmente con nós, non vos preocupedes que cando voltemos a normalidade teremos lettering para todos!!




MÁIS CA PALABRAS

 Boas rapazada!

A semana pasada apareceu na aula un mural cheo de sobres que xerou moitas expectativas. Aquí vos deixo a súa fotografía e poñede a vosa imaxinación a voar a ver se sodes quen de saber para que o imos empregar.!!!




miércoles, 4 de noviembre de 2020

OUTONO CON ARTE

 Hoxe, na hora de plástica estivemos facendo auténticas obras de arte coas follas que recolleu o alumnado no patio da escola.

Aquí queda unha pequena mostra das obras de arte.


A semana pasada tivemos algún compañeiro/a confinado e á súa volta trouxonos a sús obra de arte con follas. Velaquí os resultados:






martes, 3 de noviembre de 2020

A CAIXA DOS SEGREDOS

 Boas: 

Hoxe tivemos a presentación da nosa CAIXA DOS SEGREDOS, esta é unha actividade para que o alumnado sexa quen de expresar os seus sentimentos e de contar aquelo que ás veces non fan por non atopar ese intre de intimidade entre eles e os seus mestres. 

A actividade consiste en dar un papel en branco e darlles a liberdade de contar aquel segredo que lles preocupa tendo a confianza de que só o vai ler a titora e nunca desvelará o segredo a non ser que teña permiso da persoa que o escribe. 

A actividade sempre resulta moi interesante e enriquecedora xa que aquel alumnado máis tímido abrese e fomentanse os lazos afectivos cos mestres. 

Aquí vos deixo a Caixiña para que a poidades ver e gozar en primeira persoa. Alguén ten algo que contarlle á Caixa???



domingo, 1 de noviembre de 2020

E CHEGOU O DÍA ...DO SAMAÍN

  E ao final chegou o tan ansiado día de Samaín. Este curso foi un pouco diferente por mor da COVID e cada un tivo que celebralo na súa aula. 

Na nosa clase comezamos a xornada facendo unhas fotografías terroríficas e despois fixemos unhas fichas nas cales pintamos cabazas e saían do papel en 3D. 

Fixemos unhas LECTURAS ÁS ESCURAS, que consistíu en ler as nosas historias terroríficas á luz dunha lanterna.

E para rematar a xornada vimos o vídeo das actuacións de todos os nosos compañeiros da escola.

Pero... como vale máis unha imaxe ca mil palabras: aquí quedan as imaxes da xornada, e agardemos que o vindeiro curso xa poidamos desfrutar dun Samaín en comunidade co resto do alumnado do colexio.











































AS LECTURAS ÁS ESCURAS!!