viernes, 24 de junio de 2022

BO VERÁN

Como xa sabedes, todo ten ten un comezo e un fin, e nesta ocasión 4º rematou para un grupo de 15 rapaces maravillosos que á volta deste merecido descanso xa estarán en 5º.

O derradeiro día fixemos unha foto para a lembranza cos sobres das notas e no que tamén ía unha orla cos compañeiros e coas súas mestras feitas de emojis. Aquí vos deixo as dúas cousiñas para que as disfrutedes.


PROMOCIÒN 2020-2022

OS SOBRES DO DERRADEIRO TRIMESTRE

ORLA 4º B

Bó verán e vémonos á volta das vacacións!




martes, 21 de junio de 2022

XORNADA DE PIRAGÜÍSMO EN SANTA ISABEL

 Hoxe fomos facendo unha camiñata ata Santa Isabel onde nos esperaban os mestres de educación física para ter unha divertida xornada de piragüísmo. 

Foi unha xornada moi divertida e para que vexades o ben que o pasamos, aquí vos deixo unhas fotiños!





























EXCURSIÒN À RIBEIRA SACRA

 O pasado venres voltamos a recuperar unha boa costume de antes da pandemia, FOMOS DE EXCURSIÓN!,xunto cos compañeiros de 4ºA ata a Ribeira Sacra.

Primeiro fomos no Catamarán e despois de facer unha paradiña para xantar fomos ao Castelo de Castro Caldelas para facer unha pescuda do tesouro que nos gustou moi entretida e gratificante.

Aquí vos deixo unhas fotiños para que comprobedes de primeira man o ben que o pasamos!






lunes, 20 de junio de 2022

CADROS DE PLÁSTICA

 Durante as derradeiras clases de plástica estivemos facendo unhas obras de arte con flores e herbas que atopamos no chan do patio. 

Aquí vos deixo unhas fotiños para que poidades ver o ben que lles quedaron!










APRENDEMOS XOGANDO

Nestas últimas datas, na que o curso está a piques de rematar estivemos repasando diferentes contidos traballados durante o resto do ano dun xeito lúdico.

Aquí vos deixo unhas fotiños nas que podedes ver o ben que o pasamos e canto aprendemos!

 CORPOS XEOMÉTRICOS CON PALILLOS!