lunes, 21 de junio de 2021

Chegan as vacacións!!!!

 Bueno rapazada este curso chegou a súa fin e como di o diploma que levastes para a casa SOBREVIVIMOS a un curso de pandemia moi dificil e complicado xa que non puidemos traballar en grupo,sair da escola, ir a biblioteca, ou facer actividades con outras aulas. 

Pero hai que dicir que aínda así aprendemos moitas cousiñas novas e tivemos momentos moi especiais que quedaran na nosa memoria durante este curso de  terceiro.

Desexovos a todos unhas boas vacacións, que desfrutedes deste merecido descanso e que gocedes do tempo de lecer coas vosas familias e amigos e…que recarguedes as pilas e voltedes preparados para afrontar cuarto con enerxía.


BO VERÀN RAPAZADA,VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!




Escape room

 Boas rapazada:

Hoxe estivemos facendo un scape room na aula. Tiñamos que atopar unhas pistas e despois atopar a contrasinal para poder sair de novo da aula. Resultou moi entretido e interesante…e ademais o alumnado foi quen de realizalo sen dificultade e sobrándolles  10 minutos.





Pantallas amigas

 Boas rapazada:

O pasado luns día 14 tivemos na aula unha charla sobre os riscos de internet que nos resultou moi interesante.




As nosas máquinas e os nosos inventos

 Boas rapazada:

Para rematar a área de ciencias naturais o alumnado de 3º fixo inha máquina e un traballo de investigación sobre un invento e o seu artífice.

Despois de expoñelos e explicalos na aula fxemos unha exposición conxunta co alumnado de 3A.

A continuación podedes ver os nosos marabillosos traballiños:






























Aprendemos matemáticas xogando

 Boas rapazada:

Nesta nova entrada vouvos deixar unha recompilación de imaxes dos diferentes xogos matemáticos que fomos facendo ao longo destas derradeiras semanas.

Por unha banda aprendemos as fraccións coa axuda dos lego como podedes ver de seguido:





E por outra banda manipulamos os cartos para traballar os decimais: