miércoles, 29 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 O vindeiro día 2 de abril é o día mundial do autismo,  que é un transtorno psicolóxico que se caracteriza pola intensa concentración dunha persoa no seu propio mundo interior e a progresiva perda de contacto coa realidade exterior,e estes días estivemos a coñecer un chisquiño máis sobre o isto, e para isto levamos a cabo dúas actividades, por unha banda fomos á biblioteca e lemos o conto de Todos Somos Especiales, Lucas y el trabajo en equipo.


E por outra tivemos a sorte de contar coa nosa compañeira Lucía e coa súa nai Belén que nos viñeron contar a súa experiencia con Rodri, o irmán da nosa compañeira.

 Primeiro Luci leunos o conto de El Cazo de Lorenzo, e de seguido comezou un coloquio, onde todo o alumnado participou contando as súas inquedanzas.


Foi unha actividade moi interesante e productiva para todos nós xa que todos aprendemos moito sobre este aspectro.



Moitas grazas por compartir a vosa experiencia e o voso tempo con nós!!!












martes, 21 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

 Hoxe día 21 de marzo conmemoramos na nosa aula o Día Mundial do Síndrome de Down, para esto fixemos varias actividades.

A primeira foi ler o libro de Pepita es especial, para coñecer que é este síndrome e posteriormente elaboramos uns cartaces para concienciar ao resto do profesorado do centro e entre todos decidimos cal sería o que empregaramos para poñer nesta publicación.


O elixido por maioría foi o exposto aquí arriba e foi elaborado por Noa.


E para rematar o día fixemos dúas cousiñas a primeria foi traer os calcetíns desemparellados, posto que é o que se emprega como símbolo do Síndrome de Down.



E rematamos esta xornada facendo un pulseriña coa que pretendemos visibilizar o Síndrome de Down.









domingo, 19 de marzo de 2023

SAÍDA DO SEGUNDO TRIMESTRE

  • Neste segundo trimestre fixemos unha saída de maneira conxunta co alumnado do outro grupo de 3º e cos dous de 4º.Fomos ata  Chantada á casa de Anxo Moure,que é o autor de varios contos infantis.Alí realizamos varias actividades, a primeira foi subir a casa da árbore para escoitar un conto, mentras tanto o resto do alumnado tiña tempo libre. Dende que todos subiron á casiña da árbore fomos ata o cinema Palleiriso para poder ver un filme, e ao rematar fixemos unha andaina ata Carballolandia, onde compartimos un xantar e gozamos de tempo de lecer.Aquí vos deixo un vídeo resumo deste día onde todos o pasamos moi ben e gozamos moito na compaña de Anxo Moure!!


VISITA DO CLUBE BALONCESTO BREOGÁN

 O pasado martes, tivemos a visita de dous xogadores do Breogán, que como xa sabemos é o equipo de baloncesto masculino da nosa cidade. E tivemos a sorte de que viñeran acompañados de Maximus, a súa mascota.

Pasamos unha xornada moi agradable e entretidos gozando da visita de todos eles.



























lunes, 13 de marzo de 2023

BENVIDO OREO

 Hoxe estamos moi ledos posto que o pasado venres participamos na Campaña Antártica do Ejército de Terra, e apadriñamos un pingüín. 

Si,si lestedes ben, temos un pingüín apadriñado na Antártida e para que vexades que o que dicimos é certo temos o diploma que no lo acredita, entre todos decidimos que lle íamos chamar Oreo, e con este acto comprometémonos a coidar do medio ambiente, para que o noso pingüín e os seus pollueliños poidan seguir vivindo na Antártida.






jueves, 9 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA

Hoxe celebramos na nosa aula a SEMANA DA PRENSA, aproveitamos que EL PROGRESO, o xornal da nosa cidade nos agasallou un exemplar para cada alumno/a e estivemos lembrandonos das seccións que aparecen no mesmo, e aproveitamos para ter un coloquio moi interesante sobre o papel que ten a muller na nosa sociedade, na publicidade, os estereotipos de xénero...




 

miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA 8 M


Hoxe celebramos na nosa aula o día 8 de marzo que é o Día da Muller Traballadora. 
O primeiro que fixemos foi coñecer o porque desta celebración, e para iso visualizamos o seguinte vídeo:

E posteriormente elaboramos unhas camisetas nas que cada alumna/o tivo que escoller un adxectivo para colocar na parte de diante e unha frase na parte de atrás para loitar pola igualdade entre os homes e as mulleres, ou no caso e para ir pasiño a pasiño mudando a nosa sociedade a igualdade entre nenas e nenos.
Aquí vos deixo un vídeo onde aparece o alumnado co seu traballiño!




 E como aparece no vídeo non queremos ser nin máis nin menos simplemente TODOS IGUAIS.
Feliz día da muller para todas e todos.