martes, 13 de febrero de 2024

ENTROIDO

Durante o pasado venres participamos no desfile de entroido da escola, este ano versou sobre a Volta ao Mundo en 80 días, e nós fomos representando Portugal.

Para isto todas as familias se implicaron moito para confecionar os nosos traxes. Tivemos compañeiros/as representando as casas típicas, o viño de Oporto, a cerámica portuguesa, unha cantante de fado, a Cristiano Ronaldo, a Fernando Pesoa, a Celeste Caeiro, dous galos de Barcelos,as sardiñas, os gondoleiros de Aveiro coa súa góndola incluída,os traxes típicos e mesmo o desfraz característico de Entroido... e para que vexades que ben caracterizados estabamos e o ben que o pasamos deíxovos aquí unha foto e un vídeo para que gocedes tanto véndonos coma nós participando neste evento.


Moitas grazas a todas as familias pola vosa implicación e por asistir ao noso desfile un ano máis!!!

viernes, 2 de febrero de 2024

PROGAMACIÓN EN GALEGO

 Hoxe deixovos aqui un enlace para cando esteades abuuridos e aburridas e polo poidades empregar o voso tempo de lecer aprendendo e practicando o galego. 

Agardo que vos resulte divertido e entretido!!



CLICA AQUÍ PARA IR Á PÁXINA DO XABARÍN