jueves, 31 de marzo de 2022

REMATAMOS O TRIMESTRE!!!

 Boas:

Hoxe rematamos o trimestre e xa comezamos a conta atrás para o verán, hoxe, tal e como se ve na foto, xa levamos as notas para a casa e dende aquí felicitarvos a todos e todas polo traballo realizado e animarvos a dar un derradeiro esforzo que cando nos decatemos xa estamos no verán!.



martes, 22 de marzo de 2022

21 DE MARZO, DÍA DO SÍNDROME DE DOWN

 Boas:

Como xa sabedes o día 21 de marzo é o Día Internacional do Síndrome do Down, e dende o ano 2012 celébrase nesa data por un decreto establecido nas Nación Unidas . O principal obxectivo desta celebración é crear conciencia do valor que teñen as persoas con Síndrome de Down.

Os calcetíns de cores foron elixidos coma un símbolo do Día Mundial do Síndrome de Down porque teñen unha forma a dos cromosomas. No ano 2018 unha nena británica chamada Chloe Lennon viralizou a práctica de usar calcetines de diferentes cores grazas a un vídeo que publicou nas redes sociais. A nena ten Síndrome de Down e pedía a todos que usasen calcetines de cores diferentes en cada pé para " celebrar este día". 

A partir desta data para apoiar as persoas con Síndrome de Down as persoas poñen un calcetín dunha cor diferente en cada pé e colgan as fotos nas redes sociais. 

Aquí está a nosa aportación nesta data sinalada. 

AQUÍ ESTAMOS NÓS COS NOSOS CALCETÍNS DE CORES!!






jueves, 10 de marzo de 2022

COÑECEMOS ESPAÑA XOGANDO

 Boas:

Aquí vos deixo un enlace ao xogo que empregamos na clase para que poidades practicar para coñecer as provincias que compoñen o noso país.



sábado, 5 de marzo de 2022

DÍA 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

Este ano para conmemorar o Día 8 de marzo, día da muller , estamos a levar a cabo dúas actividades, por unha banda participamos na exposición de Mulleres Migrantes que se está a organizar dende a biblioteca, e por outra estamos a coñecer mulleres marabillosas e os seus logros para ser recoñecidas na nosa sociedade, e posteriormente elaboramos un mural que podedes ver de seguido:




 

DÍA DE ROSALÍA

Este ano, para conmemorar o día de Rosalía participamos nas actividadades propostas dende a Bibliolibeteca, preparando un vídeo que se pode ver no blogue da biblio, e participando cun poema neste mural que podedes ver a continuación. 

Aquí deixo as fotografías para que poidades observar o noso traballiño!! 









COÑECEMOS O NOSO PAÍS

  Neste tema de ciencias sociais, estamos a traballar o territorio Español, as institucións, o reparto territorial, as tradicións, as costumes... 

E para isto cada alumno tivo unha comunidade autónoma e tivo que explicarlla ao resto dos compañeiros. 

Aquí vos deixo as fotos dos traballiños e nos vindeiros días subiremos o vídeo das exposicións do alumnado!.























TEMPO DE ENTROIDO



Nesta entrada imos deixar as fotiños do Entroido, por unha banda as fotos do venres, cando todos fomos caracterizados en relación co noso P.D.I.que como xa sabedes polo blogue da biblioteca, vai sobre AlimentArte, nos decidimos ir do cadro de Frida Kahlo  "Viva la vida", posto que foi o derradeiro cadro da autora que estamos a traballar na aula e que posteriormente presentaremos ao resto do alumnado do centro ao abeiro do Proxecto










Dende aquí agradecer a colaboración de todas e cada unha das familias do alumnado por mandalos tan ben caracterizados de Sandías, para facer un cadro perfecto. 
Moitas grazas familias!!!

Por outra banda o xoves, o alumnado puido vir ao cole disfrazado de maneira libre. Aquí vos deixo as fotografías para que poidades ver que guapiños estaban todos e todas: