jueves, 23 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA

 Hoxe foi o día 23 de febreiro, que é o Día de Rosalía de Castro, e na nosa aula estivemo coñecendo mellor a autora galega, e despois de coñecer a súa vida e que fixo por Galicia, fixemos a seguinte actividade:








martes, 21 de febrero de 2023

CITA A CEGAS COA LECTURA

Boas.
O día de San Valentín celebramos na escola o Día do Amor e da Amizade primeiro asistimos a Cita a Cegas coa Lectura que nos propuxeron dende a biblioteca.
Estamos moi agradecidos polo agasallo que nos fixeron, posto que foi un libro que está expurgado pero que lle imos dar outra vida lendoo.
Ademais disto tamén nos gustou moitisimo participar na iniciativa que nos propuxeron de mandar mensaxes de uns a outros compañeiros,e puxémonos moi ledos cando descubrimos o que nos puxeran a cada un de nós.











 Ademais das actividades propostas polo equipo de biblioteca, tamén fixemos na clase un corazón no cal poñiamos o noso nome no centro e o resto dos compañeiros/as ian poñendo un adxetivo que definise a esa persoa. Foi unha actividade moi gratificante e positiva para reforzar a autoestima de cada un dos membros da aula, e agora está na porta da entrada a clase, para lembrarnos cada día as nosas cousas posstivas.