miércoles, 28 de octubre de 2020

O NOSO LIBRO FAVORITO DA SEMANA

 Boas:

Aproveitando ás horas de ler, cada un de nós levou á aula un libro, o noso libro favorito e agora habilitamos un recanto na aula, onde se poden ver e todos e cada un deles e ao longo da semana imos ler as contraportadas e observar os libros (previamente de manipulalos desinfectaremos as mans para evitar riscos) e ao final da semana escolleremos o noso LIBRO FAVORITO o cal leremos entre todos e faremos uns traballiños.







O SISTEMA SOLAR

 Hoxe  Mariña trouxonos un sistema solar que tiña na casa e que fixo en colaboración coa súa nai, no cal se poden ver as órbitas dos planetas e que, como está feito de fieltro e con velcro podese mover e colocar como se desexe. 




 Aproveitamos tamén esta entrada para compartir con todos vós o sistema solar que fixo Claudia coa súa nai e que xa nos trouxo á clase fai varias semanas pero que como non tiñamos o blogue estabamos esperando para publicalo.




Moitas grazas rapazas por facer estas cousas tan fermosas e por compartilas con nós.

lunes, 26 de octubre de 2020

É TEMPO DE SAMAÍN


Boas: 

Aquí vos deixo a porta  e as catrinas que realizamos en colaboración coas familias e que empregaremos nunha nova actividade que estamos a  preparar para celebrar este Samaín tan atípico: 


Entrada a aula












 


domingo, 25 de octubre de 2020

TÉCNICAS DE ESTUDO

Boas:
Ante este novo curso, e que agora temos que aprender a estudar, deixovos aquí unhas imaxes cunhas técnicas de estudo a ver si se vos fai máis sinxela esta tarefa.











SAMAÍN

 Boas rapazada!


 

Nesta semana de Samaín deixovos aquí un Genially cunha morea de recursos para que poidamos gozar desta festividade tan atípica por mor do Covid. Agardo que vos guste!!





sábado, 24 de octubre de 2020

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Hoxe é o día mundial das bibliotecas escolares e durante esta semana ímos celebralo na aula, con diferentes traballiños que imos subir nesta lapela.

Hecho con Padlet

BENVIDOS AO NOSO BLOGUE!

 Boas : 

Neste blogue iremos subindo as actividades, que nos tempos do Covid poidamos realizar cumprindo o protocolo e mantendo as distancias e a seguridade. 

A primeira das actividades que queremos amosar é o  NOSO XARDÍN, que elaboramos na aula para traballar o tema das plantas que estamos aprendendo na área de ciencias naturais.