jueves, 22 de junio de 2023

COLORÍN COLORADO… TERCEIRO ESTÁ REMATADO!!!!

 O día 21 de xuño rematou o curso de 3º para todos nós.  E agora é o momento de facer balance, foi un curso duro, sobre todo o primeiro trimestre, porque é un cambio moi grande para todos vós e tamén tivemos que adaptarnos uns ao outros pero… só queda dicirvos que foi un ano cargado de bos momentos, momentos regulares e algún que outro malucho, pero que de todo se aprende e que DESPOIS DE MOMENTOS MAGNÍFICOS…QUEDAN RECORDOS INOLVIDABLES,  así que desfrutade do verán e xa sabedes…

COLORÍN COLORADO… TERCEIRO ESTÁ REMATADO!!!!


DEICA SETEMBRO RAPAZADA!!!



PKU

 Hoxe tivemos a sorte de que a nosa compañeira Adriana nos explicase que é o PKU, xa que ela coñeceo de primeira man e explicounolo moi ben e con moito detalle.

O primeiro que fixemos foi ler un conto entre todos sobre esta temática que se chama “ EL CAPITÁN PKU” e de seguido compartiu connosco a súa experiencia e posteriormente o resto do alumnado fixolle moitas preguntas para entender mellor en que consiste ser PKU

Foi unha actividade moi enriquecedora para todos e todas, e puxemos o punto final cun agasallo que nos trouxo Adri da súa asociación que era un boli cunhas pegatinas e uns tatuaxes..

MOITAS GRAZAS ADRI!!!



sábado, 17 de junio de 2023

SAÍDA A MARCELLE

O pasado martes, día 13 de xuño fomos de excursión. Esta vez fomos cos compañeiros/as de 3º B e dirixímonos ata Marcelle. 
Pasamos unha xornada moi entretida e divertida rodeados de animais, foi un día no que aprendemos moitas cousas e que gozamos do pracer de estar xuntos.
Tamén tivemos a ocasión de practicar tiro con arco e aínda que se nos soubo a pouco  gustounos moito.
Aquí vos deixo algunha foto, aínda que non temos moitas debido a que había máis nenos /as doutras escolas  e non podíamos sacalos por protección de datos e dereitos de imaxe. 
















 

POÑÉNDONOS GUAPOS PARA A FOTO DA REVISTA

Hoxe fomos a biblio para facer a foto para enviar á revista. Así de guapos e guapas estabamos todos e todas. 




APRENDEMOS CREANDO CORPOS XEOMÉTRICOS

 

Neste tema de matemáticas estivemos a traballar os CORPOS XEOMÉTRICOS, entón demos a escoller entre dúas posibilidades, por unha banda facer a proba escrita ou por outra facer as corpos. 

Adiviñades que foi o escollido por todo o alumnado?

Efectivamente TODOS/AS escolleron facer as figuras e aquí aparecen ensinándollas ao resto do alumnado.
























PROBANDO O PIRAGÜÍSMO

Hoxe fomos camiñando ata Santa Isabel para realizar unha actividade organizada polos mestres de Educación física. 
Foi moi divertda xa que practicamos piragüísmo e foi unha experiencia moi enriquecedora para todos nós. 
A única mágoa foi a climatoloxía, posto que nos choveu, pero aínda así gozamos do día e xa estamos agardando poder volver a repetilo.