viernes, 30 de abril de 2021

PREPARÁNDONOS PARA AS LETRAS GALEGAS

 Boas rapazada: 

Aquí vos deixo un xogo para que coñezades un chsico mellor á autora homenaxeada este ano nas letras galegas, que é a lucense Xela Arias.


jueves, 29 de abril de 2021

Experimentando coas densidades

 Boas rapazada:

Na clase de hoxe, dirixida pola nosa mestra de prácticas María, estivemos investigando sobre que é a materia e a súas densidades. Para que poidades observar o ben que o pasamos e canto aprendemos deixovos aquí unhas fotografías da xornada de hoxe:











sábado, 24 de abril de 2021

23 de abril,Día do Libro

 Boas rapazada:

O venres, como xa sabedes foi unha data especial, xa que celebramos o día do Libro e fixemos varias actividades,posto que o celebramos tanto acnivel de aula como de centro.

Comezamos explicando o que fixemos na clase, primeiro preparamos un poema que se chama Don Libro e despois tivemos a sorpresa de videoconectarnos cos compañeiros de 3ºA para recitarllo e eles a nos recitáronnos Don Libro está helado. A verdade foi unha experiencia gratificante posto que con isto das medidas sanitarias nos podemos xuntatnos e así foi unha bonita maneira e celebralo conxuntamente. 



Ao rematar a profe Mariana compartiu unha canciòn do Día do libro e todos danzamos e cantamos online.




A nivel de centro fixemos dúas actividades, primeiro a profe Sara de inglés preparounos unha estación de lectura moi chula que podedes ver de seguido nas seguintes fotografías




E para rematar colaboramos no mural que se fixo dende a biblioteca,poñendo unha foto nosa lendo un libro.Seredes quen de


E para rematar só nos queda desexar un feliz día do Libro !!!!



miércoles, 7 de abril de 2021

Día mundial da saúde

 Boas rapazada:

Como xa sabedes hoxe,día 7 de abril,é o Día Mundial Da Saúde e celebrámolo na nosa aula. Aproveitando que estamos a traballar na área de ciencias o tema da saúde e da alimentación por medio da pirámide alimenticia fixemos unhas árbores moi saudables coa axuda de diferentes folletos publicitarios.

Velaquí tedes o resultado:






Feliz día Mundial Da Saúde!