martes, 24 de mayo de 2022

SAÍMOS NO XORNAL!!

 Hoxe saímos no xornal lembrando a actividade que fixemos con Idoia Cuesta, coa que como xa dixeramos creamos a nosa Vimbioteca. 

Aquí vos deixo a noticia para que nos poidades ver!


viernes, 20 de mayo de 2022

TRABALLANDO AS LETRAS GALEGAS

 Neste curso, o autor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán, un poeta nado en Córgomo, unha vila ourensá.

Unha vez traballado na aula durante a semana pasada, hoxe fomos á biblio para participar dos xogos que nos preparou Libeteca e o seu equipo.

Aquí vos deixo unhas fotiños para que poidades vernos:









DESCUBRINDO A MALETA DE NADELA

 Hoxe participamos noutra actividade de colaboración co alumnado doutro centro,neste caso o alumnado é o de Nadela, e a actividade consistíu nun intercambio de maletas cheas de lecturas entre ambas bibliotecas.

Nos tivemos a sorte de poder gozar da maleta, gustáronnos moito as lecturas que descubrimos e así llo fixemos saber no caderno viaxeiro.

Moitas grazas ao alumnado de Nadela por compartir esto connosco!!!










                                                
                                            

                                                




TRABALLANDO AS PLANTAS

 Durante este tema de naturais estivemos a traballar as plantas, e para iso, despois de traballar a teoría,cada un dos membros da aula trouxo unhas sementes e fixemos unha plantación.

Aquí vos deixo unhas fotos para que vaiades vendo a evolución das nosas plantiñas.





Ánimo e a coidar das plantiñas!!!


COLABORACIÓN CO ALUMNADO DE MONDOÑEDO

 Na área de lingua estivemos a traballar e investigar sobre o Camiño de Santiago.Unha vez realizado o traballo tivemos a sorte de recibir unha carta dende Mondoñedo cun agasallo, que era un marcapáxinas , no que nos solicitaban a nosa colaboración para facer unha foto con el en algún punto do Camiño.

Aquí vos deixo as fotos dos nosos marcapáxinas. Moitas grazas ao alumnado de Mondoñedo por contar con nós para facer esta actividade.

                                    













miércoles, 4 de mayo de 2022

INTERCAMBIO DE MARCAPÁXINAS CON 4ºA

 Boas:

Para conmemorar a semana do Libro, participamos nas actividades propostas pola biblioteca, e unha delas era realizar un marcapáxinas e intercambialo co alumnado doutra clase, nos escollemos aos compañeiros de 4º A, e aquí tedes unhas fotos do momento do intercambio. 

Agardo que o poidamos facer máis a miúdo posto que é unha actividade moi gratificante.





APRENDEMOS XOGANDO

 Estes días andamos a aprender as categorías gramaticais na área de Lingua Castelá e para facer un pouco máis lúdico este contido estivemos xogando cunhas caixiñas onde metemos as palabras segundo a súa categoría. Para que entendades mellor a actividade deixovos unhas fotografías da mesma:








 

OBRADOIRO DE VIMBIO

 A pasada semana tivemos a sorte de participar no obradoiro de Vimbio, con Idioa Cuesta, unha artista que ten o seu obradoiro no noso Concello.

Estamos moi agradecidos de poder participar neste obradoiro con esta grande artista. Aquí vos deixamos unha fotografía con Idoia e o seu axudante Xosé e co resultado do noso obradoiro, a VIMBIOTECA!!! Se queredes ver como foi todo o proceso non dubidedes en botarlle unha ollada ao blogue da biblioteca onde podedes ver un vídeo resumo da actividade.



Grazas Idioia por asistir á nosa escola e contar connosco para facer esta obra de arte!!!