domingo, 10 de enero de 2021

FELIZ 2021

Boas rapazada. 

Só desexarvos un feliz 2021 para todos vós e todas as vosas familias, Ánimo e a polo seguinte trimestre!!



REMATE DO PRIMEIRO TRIMESTRE

 Boas rapazada: 

Tal e como se informou nas anteriores entradas, ao longo do derradeiro trimestre fixemos numerosas actividades e a derradeira foi decorar a nosa porta de Nadal, este ano fixemos unha árbore de pratos de papel e en cada un destes ía a foto dun alumno ou alumna. 

Cómpre sinalar que este foi un trimestre totalmente atípico, pola pandemia que nos tocou vivir pero é importante dicir que pese as máscaras, ao xel, a distancia de seguridade, a falta de contacto físico e de poder traballar en grupo... superastes con creces este primeiro trimestre de pandemia.






 Parabéns rapazada e a polo seguinte trimestre!!!!








LOTARÍA DE NADAL

 Boas rapazada: 

Durante a derradeira semana da escola do ano 2020 preparamos o sorteo da lotaría de Nadal, xa que este ano coincidía estar na clase ao mesmo tempo que se celebraba o sorteo, pois fixemos o noso particular. Para isto a mestra vendeu décimos de lotaría por 20 dojos, que son uns billetes que imos gañando ao longo das semanas por traer as tarefas feitas, polos problemas do Coco Loco, por axudar aos demais... por cada cousiña das que ímos facendo na escola o alumnado " cobra" e dojos, e despois cada quen escolleu o que quería invertir nos décimos houbo que gastou todo o gañado durante o trimestre, quen pola contra mercou dous ou tres pero reservou, e outros que soamente mercaron un. 

Aquí quedan as imaxes do sorteo e dos premiados, aínda que houbo cinco premios grandes, houbo moitos pequenos que tiñan un doce ou algún dojo, polo que ao final todo o alumnado obtivo o seu ansiado premio. 















PARABÉNS AOS PREMIADOS !!!!!

NADAL

Boas rapazada: 
Durante o mes de decembro levamos a cabo varias actividades navideñas e nesta entrada imos deixar un breve resumo das mesmas. 
Por unha banda fixemos poemas e postais de Nadal  que posteriormente presentamos a un concurso do Concello. 
A verdade que resultaron cousas moi interesantes e como vale máis unha imaxe que mil palabras, pois aquí van!!!






























miércoles, 6 de enero de 2021

REPASO DE LOS ÁNGULOs Y RECTAS

Boas rapazada:
  Para rematar o tema dos ángulos e das rectas fixemos un rap na aula que vos deixo aquí para que poidades empregar de repaso cando o desexedes.