domingo, 10 de enero de 2021

LOTARÍA DE NADAL

 Boas rapazada: 

Durante a derradeira semana da escola do ano 2020 preparamos o sorteo da lotaría de Nadal, xa que este ano coincidía estar na clase ao mesmo tempo que se celebraba o sorteo, pois fixemos o noso particular. Para isto a mestra vendeu décimos de lotaría por 20 dojos, que son uns billetes que imos gañando ao longo das semanas por traer as tarefas feitas, polos problemas do Coco Loco, por axudar aos demais... por cada cousiña das que ímos facendo na escola o alumnado " cobra" e dojos, e despois cada quen escolleu o que quería invertir nos décimos houbo que gastou todo o gañado durante o trimestre, quen pola contra mercou dous ou tres pero reservou, e outros que soamente mercaron un. 

Aquí quedan as imaxes do sorteo e dos premiados, aínda que houbo cinco premios grandes, houbo moitos pequenos que tiñan un doce ou algún dojo, polo que ao final todo o alumnado obtivo o seu ansiado premio. 















PARABÉNS AOS PREMIADOS !!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario