jueves, 18 de febrero de 2021

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Boas rapazada: 

O vindeiro día 24 é un día moi importante na nosa comunidade posto que Rosalía foi unha persoa moi importante na cultura galega. Para que a vaiades coñecendo deixovos aquí un xogo. Seredes capaces de chegar ao final e resolver o misterio?


Para celebrar este dia na nosa aula fixemos un traballiño qu podedes ver de seguido, e que consistíu en realizar un retrato de Rosalía ao estilo de Andy Warhol.

miércoles, 17 de febrero de 2021

Entroido 2021

 Boas rapazada:

Como xa sabedes o venres puxemos o broche final a esta semana de Entroido e cada quen veu caracterizado do que quixo.

Para que vexades o guapos que estabamos todos, deixo aqui unha imaxe que vale máis ca mil palabras.







miércoles, 10 de febrero de 2021

14 de febreiro. Día do amor e da amizade

 Boas rapazada:

Durante esta semana especial de Entroido, tamén celebramos o día de San Valentín. E para iso durante a hora de plástica enviaámonos mensaxes de amor e de amizade duns para outros para fomentar as relaciòns entre todo o alumnado da aula. 

Aquí voz deixo unha imaxe do noso traballiño.



Feliz día de San Valentín para todos!!!

domingo, 7 de febrero de 2021

ENTROIDO

 Boas rapazada:

Esta semana da comezo unha época do ano que nos gusta moito a todos e, aínda que este curso non poidamos gozar del coma doutras veces, imos facer todo o posible para pasalo ben no Entroido, cunhas medidas axeitadas de seguridade.... COMEZAMOS!!!

Aquí temos A VACA MECA que nos vai ir facendo mandatos ao longo da semana que deberemos ir cumprindo, este ano queremos facerlles entre todos unha homenaxe aos heroes da pandemia e para iso comezamos o primeiro día lembrando aos sanitarios. 



AS PAISAXES

 Boas rapazada: 

Durante este segundo trimestre, estivemos a estudar os tipos de paisaxe, e para esto levamos a cabo un sorteo, no cal había papeis de tres tipos uns de paisaxes humanizadas, outras de interior e as derradeiras de costa.

Unha vez feito o sorteo o alumnado tivo quince días para facer a súa maqueta e o pasado luns, día 1 de febreiro trouxeron as maquetas á aula. 

Cando as trouxeron tiveron que facer unha exposición na cal debían ter en conta o seguinte: 

1º Debían presentarse.

2º Explicar o tipo de paisaxe que lle tocou a cada quen.

3ºExplicar as características típicas da paisaxe.

4º Explicar como se fixo a maqueta.

5º Indicar que se aprendeu con este traballo.

6º Despedirse.

Mentras tanto o resto dos compañeiros, ao mesmo tempo foron avaliando o traballo do resto dos compañeiros asinandolle unha nota pola maqueta e outra pola exposición.

De seguido deixo as fotografías de todas e de cada unha das maquetas e un vídeo coas exposcións do alumnado para que poidades valorar como falan en público e como son capaces de defender os seus traballos.























Agardo que gocedes vendo as maquetas e o vídeo coma o alumnado facendoas e explicándoas e amosandoas aos seus compañeiros.