miércoles, 18 de enero de 2023

DITADO EXPLOSIVO

 Hoxe na clase de lengua fixemos unha actividade que nos gusta moito, o noso DICTADO EXPLOSIVO que consiste en ir explotando globos onde se atopan as partes que temos que dictar. É unha maneira de traballar o ditado e a ortogrfaía dunha maneira lúdica.

Aqui vos deixo unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos:










APRENDENDO LETERING

 Hoxe na hora de plástica estivemos aprendendo a facer letering, algo que imos aproveitar para facer títulos e ter as nosas cousiñas mellor presentadas.




SOCORRISTAS POR UN DÍA

 Hoxe tivemos a sorte de contar con dous compañeiros da Cruz Vermella que viñeron a nosa clase para darnos un curso sobre primeiros auxilios. Quedounos moi claro que se temos unha emerxencia debemos chamar ao 112 e facer o que nos digan os sanitarios.

E para rematar todo demoslle unha mansaxe cardíaca a Pepito para ver se recuperaba a respiración e tamén para que nos sirva no caso de ter que enfrontarnos a unha situación de emerxencia.

Foi un día moi interesante e todos acabamos moi ledos posto que ao rematar conseguimos o noso diploma de socorristas por un día.

Parabéns rapazada pola vosa actitude nesta actividade!!!!



jueves, 12 de enero de 2023

VOLTA Á CLASE

 O pasado luns voltamos a clase, e estivemos moi ledos, posto que tivemos a sorte de que os Reis Magos se acordaran de nós e nos deixaran un paquetiño.

Aquí vos deixo as imaxes deste momento tan especial para o alumnado.