miércoles, 27 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO

Boas:

Esta semana dende a biblioteca estamos a celebrar a Semana do Libro e para esto hai tres actividades propostas nas cales imos participar.

1º) Apadriñamentos lectores que consisten en lerlle un conto a un alumno máis pequeno.

2º) Obradoiro de flores,que se celebra no bibliorecreo, a nosa quenda é o mércores.

3º) Intercambio de marcapáxinas, que os imos realizar co alumnado de 4ºA.

Dúas destas actividades xa as levamos a cabo e polo tanto vouvos deixar aquí as fotiños para que poidades observar o ben que o pasamos celebrando esta Semana do Libro:

APADRIÑAMENTOS LECTORES



OBRADOIRO DE FLORES 

Durante o recreo deste mércores, dez dos quince alumnos acudiron á biblioteca para realizar un obradioro de confección de flores de papel. Aquí vos deixo o resultado desta actividade tan interesante:







martes, 5 de abril de 2022

OBRADOIRO DA FUNDACIÓN MAPFRE

 Onte tivemos a sorte de ter un obradoiro a cargo da fundación Mapfre sobre alimentación saudable. Veu visitarnos Bio Cheff e aprendernos moitas cousiñas sobre a alimentación saudable.

Aquí vos deixo unhas fotiños desta experiencia tan gratificante:





NON A GUERRA

 Boas : 

O pasado venres participamos nunha manifestación en contra da guerra de Ucrania e Rusia. Fixemos un percorrido polo patio da escola e posteriormente xuntámonos todos no patio para escoitar os manifestos de 5º e 6º en contra da guerra. 

E nós dende aquí dicimos NON A GUERRA!!

Aquí tendes unhas fotiños posando coa nosa pancarta, na cal puxemos a mensaxe de Non a Guerra en diferentes linguas.