sábado, 31 de diciembre de 2022

FELIZ ANO NOVO

 Aquí vos deixo unha foto do derradeiro día da clase, no que o alumnado veu elegante para celebrar o ano novo.



jueves, 29 de diciembre de 2022

LOTERÍA DE NADAL

 O derradeiro día do trimestre, e coincidindo co sorteo de Nadal,levamos a cabo o noso propio sorteo na aula.

Durante o trimestre fomos gañando dojos, que son os nosos cartos, e posteriormente o alumnado mercou os décimos para poder participar no sorteo, cada décimo custou 20 dojos e no noso sorteo había 3 premios, e despois numerosos premios que eran máis dojos ou doces de Nadal.

A actividade foi todo un éxito para todo o alumnado. 

Aquí vos deixo un vídeo resumo da actividade!!



AMIGO INVISIBLE

 Para poñer fin a este primeiro trimestre fixemos moitas actividades pero unha das que máis nos gustou foi a do amigo invisible, onde a cada un de nós nos tocou un compañeiro/a.

Foi unha actividade moi entretida, e tiña como condición que os agasallos tiñan que ser preparados por nós mesmos.

Todos nos esforzamos moito en realizar os agasallos e vimos auténticas obras de arte. Aquí vos deixo un vídeo resumo da actividade.



miércoles, 21 de diciembre de 2022

VISITA DE PAPÁ NOEL

 Hoxe tivemos a sorte de ter a Papa Noel na nosa escola. Foi unha sorpresa moi agradable e interesante no cal o pasamos moi ben e lle fixemos entrega das cartas que escribimos esta semana na clase, e tiñan unha peculiaridade xa que só podíamos pedir cousas non materiais, posto que a carta dos agasallos xa a fixeramos cada un de nós na casiña. 

Aquí vos deixo unha foto coa visita de hoxe.

Moitas grazas Papa Noel pola túa visita e pola túa paciencia con todos nós!!!






lunes, 19 de diciembre de 2022

PARABÉNS PARA O NOSO JAIRO

 O pasado xoves, fomos ata Vilalba para realizar unha actividade da área de educación física, que consistíu nunha carreira no circuíto da Madalena. Cómpre sinalar que é unah actividade dentro do programa XOGADE e que todos o pasamos moi ben e realizamos un gran esforzo para poder realizar a carreira.

Pero hoxe temos que felicitar ao noso Jairo xa que foi o campión da nosa categoría.

 E como bos compañeiros e compañeiras todos nos alegramos moitisímo polo noso compañeiro.

Parabéns Jairo!!!








martes, 13 de diciembre de 2022

FOTO DE NADAL

 Hoxe levamos ao cole un complemento de nadal para facer unha foto para rematar o noso reno de plástica. 

Aquí tedes as fotos que fixemos. A ver si sodes quen de adiviñar cal delas é a escollida para a nosa actividade!!!!








TEMPO DE NADAL

 Hoxe tivemos a sorte de contar coa profe Elvira que veu á nosa clase para facer un obradoiro de Nadal, que consistíu en realizar un Papá Noel cun calendario.

Aquí deixo as fotos desta xornada tan divertida para todos nós.