miércoles, 17 de marzo de 2021

ESTÁ CHEGANDO A PRIMAVERA

 Hoxe na hora de plástica fixemos unha obra de arte con material de refugallo, empregando cartòns, botellas e tapas de plástico.

Aquí queda o resultado das nosas obras de arte para darlle a benvida á primavera.






8M

 O pasado 8 de marzo, día da muller traballadora, estivemos coñecendo a figura de numerosas mulleres que fixeron historia. Compartímolas cos compañeiros e posteriormente fixemos un mural que vos deixamos aquí nunha imaxe:



PARABÉNS COMPAÑEIROS

 Boas rapazada:

A semana pasada tivo lugar na nosa escola a entrega de premios do Nadal, e tivemos a sorte de que tres dos nosos compañeiros resultaran premiados. 

PARABÉNS  polo seu premio a :

- Daniel Mera

- Daniel Picado

-Mario Yáñez

E a resto do alumnado por ter participado!!

Aquí quedan as imaxes de dita entrega.