jueves, 4 de abril de 2024

SUXERENCIAS LECTORAS

 Despois do éxito do noso Chocolate con Letras, fixemos unha escolma de libros para escoller un título para a nosa seguinte xuntaza. Ao final o escollido foi SE VENDE MAMÁ  de Care Santos, pero aquí vos deixo a listaxe completa por si queredes ler algún máis.



jueves, 21 de marzo de 2024

CHOCOLATE CON LETRAS

 Hoxe fomos á biblio para recibir unha sorpresa. Xa que tiñamos programada unha xuntanza para comentar o libro Vampira de Biblioteca de Ledicia Costas e cando chegamos á biblio tiñamos todo preparado para compartir unha chocolatada cuns biscoitos. 

A actividade foi todo un éxito xa que a todos se nos fixo moi curto e despois de facer un test onde o alumnado plasmou a súa opinión todos queren volver a ler, que ao fin e ao cabo era a finalidade da actividade motivarnos coa lectura e pasar un momento máis lúdico para rematar o trimestre.

Aquí vos deixo un pequeno vídeo resumo da actividade.





martes, 13 de febrero de 2024

ENTROIDO

Durante o pasado venres participamos no desfile de entroido da escola, este ano versou sobre a Volta ao Mundo en 80 días, e nós fomos representando Portugal.

Para isto todas as familias se implicaron moito para confecionar os nosos traxes. Tivemos compañeiros/as representando as casas típicas, o viño de Oporto, a cerámica portuguesa, unha cantante de fado, a Cristiano Ronaldo, a Fernando Pesoa, a Celeste Caeiro, dous galos de Barcelos,as sardiñas, os gondoleiros de Aveiro coa súa góndola incluída,os traxes típicos e mesmo o desfraz característico de Entroido... e para que vexades que ben caracterizados estabamos e o ben que o pasamos deíxovos aquí unha foto e un vídeo para que gocedes tanto véndonos coma nós participando neste evento.


Moitas grazas a todas as familias pola vosa implicación e por asistir ao noso desfile un ano máis!!!

viernes, 2 de febrero de 2024

PROGAMACIÓN EN GALEGO

 Hoxe deixovos aqui un enlace para cando esteades abuuridos e aburridas e polo poidades empregar o voso tempo de lecer aprendendo e practicando o galego. 

Agardo que vos resulte divertido e entretido!!



CLICA AQUÍ PARA IR Á PÁXINA DO XABARÍN

miércoles, 17 de enero de 2024

REPASO DE NATURAIS

 Na xornada de hoxe estivemos facendo un repasiño de naturais moi especial, xa que cada un de nós tivo un ordenador e practicamos cun xogo de preguntas e respostas chamado Kahoot.Aquí podedes ver o ben que o pasamos.




lunes, 15 de enero de 2024

AS CAIXAS DOS SENTIDOS

 Hoxe deixovos aquí unha presentación dos traballos que realizamos na área de ciencias naturais. 

Agardamos que sexa do voso agrado.



domingo, 7 de enero de 2024

TEMPO DE NADAL

 Boas :

Auí vos deixo un vídeo resumo das actividades que levamos a cabo durante a derradeira semana lectiva do 2023, para que vexades o ben que o pasamos e canto gozamos das numerosas actividades realizadas.

AND Happy New Year! de SANDRA ÁALVAREZ ALONSO