miércoles, 18 de enero de 2023

SOCORRISTAS POR UN DÍA

 Hoxe tivemos a sorte de contar con dous compañeiros da Cruz Vermella que viñeron a nosa clase para darnos un curso sobre primeiros auxilios. Quedounos moi claro que se temos unha emerxencia debemos chamar ao 112 e facer o que nos digan os sanitarios.

E para rematar todo demoslle unha mansaxe cardíaca a Pepito para ver se recuperaba a respiración e tamén para que nos sirva no caso de ter que enfrontarnos a unha situación de emerxencia.

Foi un día moi interesante e todos acabamos moi ledos posto que ao rematar conseguimos o noso diploma de socorristas por un día.

Parabéns rapazada pola vosa actitude nesta actividade!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario