domingo, 7 de febrero de 2021

AS PAISAXES

 Boas rapazada: 

Durante este segundo trimestre, estivemos a estudar os tipos de paisaxe, e para esto levamos a cabo un sorteo, no cal había papeis de tres tipos uns de paisaxes humanizadas, outras de interior e as derradeiras de costa.

Unha vez feito o sorteo o alumnado tivo quince días para facer a súa maqueta e o pasado luns, día 1 de febreiro trouxeron as maquetas á aula. 

Cando as trouxeron tiveron que facer unha exposición na cal debían ter en conta o seguinte: 

1º Debían presentarse.

2º Explicar o tipo de paisaxe que lle tocou a cada quen.

3ºExplicar as características típicas da paisaxe.

4º Explicar como se fixo a maqueta.

5º Indicar que se aprendeu con este traballo.

6º Despedirse.

Mentras tanto o resto dos compañeiros, ao mesmo tempo foron avaliando o traballo do resto dos compañeiros asinandolle unha nota pola maqueta e outra pola exposición.

De seguido deixo as fotografías de todas e de cada unha das maquetas e un vídeo coas exposcións do alumnado para que poidades valorar como falan en público e como son capaces de defender os seus traballos.























Agardo que gocedes vendo as maquetas e o vídeo coma o alumnado facendoas e explicándoas e amosandoas aos seus compañeiros.



No hay comentarios:

Publicar un comentario