miércoles, 29 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 O vindeiro día 2 de abril é o día mundial do autismo,  que é un transtorno psicolóxico que se caracteriza pola intensa concentración dunha persoa no seu propio mundo interior e a progresiva perda de contacto coa realidade exterior,e estes días estivemos a coñecer un chisquiño máis sobre o isto, e para isto levamos a cabo dúas actividades, por unha banda fomos á biblioteca e lemos o conto de Todos Somos Especiales, Lucas y el trabajo en equipo.


E por outra tivemos a sorte de contar coa nosa compañeira Lucía e coa súa nai Belén que nos viñeron contar a súa experiencia con Rodri, o irmán da nosa compañeira.

 Primeiro Luci leunos o conto de El Cazo de Lorenzo, e de seguido comezou un coloquio, onde todo o alumnado participou contando as súas inquedanzas.


Foi unha actividade moi interesante e productiva para todos nós xa que todos aprendemos moito sobre este aspectro.



Moitas grazas por compartir a vosa experiencia e o voso tempo con nós!!!












No hay comentarios:

Publicar un comentario