lunes, 21 de junio de 2021

Chegan as vacacións!!!!

 Bueno rapazada este curso chegou a súa fin e como di o diploma que levastes para a casa SOBREVIVIMOS a un curso de pandemia moi dificil e complicado xa que non puidemos traballar en grupo,sair da escola, ir a biblioteca, ou facer actividades con outras aulas. 

Pero hai que dicir que aínda así aprendemos moitas cousiñas novas e tivemos momentos moi especiais que quedaran na nosa memoria durante este curso de  terceiro.

Desexovos a todos unhas boas vacacións, que desfrutedes deste merecido descanso e que gocedes do tempo de lecer coas vosas familias e amigos e…que recarguedes as pilas e voltedes preparados para afrontar cuarto con enerxía.


BO VERÀN RAPAZADA,VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario