E ao final chegou o tan ansiado día de Samaín. Este curso foi un pouco diferente por mor da COVID e cada un tivo que celebralo na súa aula.
Na nosa clase comezamos a xornada facendo unhas fotografías terroríficas e despois fixemos unhas fichas nas cales pintamos cabazas e saían do papel en 3D.
Fixemos unhas LECTURAS ÁS ESCURAS, que consistíu en ler as nosas historias terroríficas á luz dunha lanterna.
E para rematar a xornada vimos o vídeo das actuacións de todos os nosos compañeiros da escola.
Pero... como vale máis unha imaxe ca mil palabras: aquí quedan as imaxes da xornada, e agardemos que o vindeiro curso xa poidamos desfrutar dun Samaín en comunidade co resto do alumnado do colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario