Boas:
Hoxe tivemos a presentación da nosa CAIXA DOS SEGREDOS, esta é unha actividade para que o alumnado sexa quen de expresar os seus sentimentos e de contar aquelo que ás veces non fan por non atopar ese intre de intimidade entre eles e os seus mestres.
A actividade consiste en dar un papel en branco e darlles a liberdade de contar aquel segredo que lles preocupa tendo a confianza de que só o vai ler a titora e nunca desvelará o segredo a non ser que teña permiso da persoa que o escribe.
A actividade sempre resulta moi interesante e enriquecedora xa que aquel alumnado máis tímido abrese e fomentanse os lazos afectivos cos mestres.
Aquí vos deixo a Caixiña para que a poidades ver e gozar en primeira persoa. Alguén ten algo que contarlle á Caixa???
No hay comentarios:
Publicar un comentario