miércoles, 16 de noviembre de 2022

CHARLA DE SUSTENTABILIDADE

 O martes día 15 de novembro tivemos a sorte de poder contar con Miguel o pai do noso compañeiro Antón Fernández para ter unha charla sobre a sustentabilidade. 

Asistimos á biblioteca xunto co alumnado do outro 3º e aprendemos moreas de cousas sobre as enerxías renovables,a biomasa, os coches eléctricos, en resumo maneiras alternativas de obter enerxías pero coidando ao planeta. 

Esta actividade resultou moi interesante posto que ademais do que nos explicou Miguel, o alumnado fixo moitas aportacións e cuestións para satisfacer a súa curiosidade.







Moitas grazas Miguel por vir contarnos tantas cousas sobre a sustentabilidade!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario