miércoles, 18 de enero de 2023

DITADO EXPLOSIVO

 Hoxe na clase de lengua fixemos unha actividade que nos gusta moito, o noso DICTADO EXPLOSIVO que consiste en ir explotando globos onde se atopan as partes que temos que dictar. É unha maneira de traballar o ditado e a ortogrfaía dunha maneira lúdica.

Aqui vos deixo unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos:










APRENDENDO LETERING

 Hoxe na hora de plástica estivemos aprendendo a facer letering, algo que imos aproveitar para facer títulos e ter as nosas cousiñas mellor presentadas.




SOCORRISTAS POR UN DÍA

 Hoxe tivemos a sorte de contar con dous compañeiros da Cruz Vermella que viñeron a nosa clase para darnos un curso sobre primeiros auxilios. Quedounos moi claro que se temos unha emerxencia debemos chamar ao 112 e facer o que nos digan os sanitarios.

E para rematar todo demoslle unha mansaxe cardíaca a Pepito para ver se recuperaba a respiración e tamén para que nos sirva no caso de ter que enfrontarnos a unha situación de emerxencia.

Foi un día moi interesante e todos acabamos moi ledos posto que ao rematar conseguimos o noso diploma de socorristas por un día.

Parabéns rapazada pola vosa actitude nesta actividade!!!!



jueves, 12 de enero de 2023

VOLTA Á CLASE

 O pasado luns voltamos a clase, e estivemos moi ledos, posto que tivemos a sorte de que os Reis Magos se acordaran de nós e nos deixaran un paquetiño.

Aquí vos deixo as imaxes deste momento tan especial para o alumnado.







sábado, 31 de diciembre de 2022

FELIZ ANO NOVO

 Aquí vos deixo unha foto do derradeiro día da clase, no que o alumnado veu elegante para celebrar o ano novo.



jueves, 29 de diciembre de 2022

LOTERÍA DE NADAL

 O derradeiro día do trimestre, e coincidindo co sorteo de Nadal,levamos a cabo o noso propio sorteo na aula.

Durante o trimestre fomos gañando dojos, que son os nosos cartos, e posteriormente o alumnado mercou os décimos para poder participar no sorteo, cada décimo custou 20 dojos e no noso sorteo había 3 premios, e despois numerosos premios que eran máis dojos ou doces de Nadal.

A actividade foi todo un éxito para todo o alumnado. 

Aquí vos deixo un vídeo resumo da actividade!!



AMIGO INVISIBLE

 Para poñer fin a este primeiro trimestre fixemos moitas actividades pero unha das que máis nos gustou foi a do amigo invisible, onde a cada un de nós nos tocou un compañeiro/a.

Foi unha actividade moi entretida, e tiña como condición que os agasallos tiñan que ser preparados por nós mesmos.

Todos nos esforzamos moito en realizar os agasallos e vimos auténticas obras de arte. Aquí vos deixo un vídeo resumo da actividade.